miguelquiroga

Licenciado mediante CC BY-NC-SA 4.0

InstagramXTelegramYouTube
miguelquiroga.es
miguelquiroga.es
/
📑
Guiones y tutoriales
/
Impresión de litofanías (Galego)

Impresión de litofanías (Galego)

Que é unha litofanía?

Unha litofanía é simplemente un modelo en 3D no que se asignou unha relación directa entre o brillo da imaxe e o grosor da mesma. O modo máis habitual de elaborarlas consiste en facer mais gruesa a imaxe canto mais escuro. O fundamento físico é moi sinxelo, canto mais grosa sexa a imaxe, menos luz atravesará a litofanía e, por tanto, mais escuro se verá.

Porque é tan importante a litofanía?

A importancia da litofanía radica en que é unha medida de atención a diversidade en si mesma. Se pensamos en persoas con unha lixeira ou total discapacidade viusal darémonos conta de que a litofanía permítelles fácimente recoñecer a imaxe polo tacto. Esto é especialmente importante se imprimimos un rostro, xa que non sempre é doado poñerlle cara a alguén se non o podemos ver. Por outro lado, a litofanía é unha expresión artística baseada no STEM, o que permite aunar ambos mundos creando proxectos artísticos con entidade propia e un amlo abanico de posibilidades.

Como se fai unha litofanía?

Pois isto é o mellor, facer unha litofanía é un proceso extremadamente fácil. Só precisamos ter unha impresora 3D, filamento e un PC. Imos aló

  1. Escollemos unha imaxe chula, para este titorial utilizaremos esta:
  2. image
  3. Instalamos o programa Ultimaker Cura.
  4. Abrimos o programa.
  5. Soltamos sobre el a imaxe. Abrirásenos unha xanela. Vexamos os parámetros:
    1. image
    2. Altura: O alto que queremos que sexa a imaxe sen contar a base..
    3. Base: O alto da base.
    4. Anchura e profundidade: As dimensións da imaxe.
    5. Modelo de cor: O algoritmo para a transformación de 2D a 3D.
    6. Transmitancia de 1 mm (%): Canta luz vai pasar por cada mm.
    7. Suavizado: Indica se queremos suavizar a imaxe.
  6. Eleximos os parámetros axeitados. Por defecto serán:
    1. Altura: 2.5
    2. Base: 0.3
    3. Anchura e profundidade: As dimensións da imaxe. Pódense modificar e sempre o farán proporcionalmente.
    4. Modelo de cor: Lineal
    5. Transmitancia de 1 mm (%): 50
    6. Suavizado: 1
  7. Tras darlle a aceptar, deberíamos ter algo así:
image
  1. Con esto, xa temos a imaxe 2D en 3D. podemos agora exportar o ficheiro a *.stl e xa o poderíamos imprimir co noso propio laminador.
  2. Os parámetros básicos (ainda que hai que ir probando até atopar os máis axeitados) son:
    1. Altura de capa: 0.2
    2. Recheo: 20%
    3. Capas inferiores: 2
    4. 💡
      Podemos atopar outra alternativa na páxina https://itslitho.com/