Que son os mapas en relieve en 3D?
Os mapas son representacións en 2D dun territorio 3D. A importancia dos mapas é evidente, permiten coñecer o mundo, o terreo e a orografía. Porén, ao pasar ás dúas dimensións, pérdese algo imprescindible. O relevo.
Porque é tan importante o relieve?
O relevo é a representación gráfica das formas da superficie terrestre, tanto nas terras emerxidas como nos fondos oceánicos. Nun mapa, o relevo é un elemento esencial para a comprensión da xeografía dun territorio xa que permite visualizar a distribución das formas do relevo, axuda a interpretar a interacción entre o relevo e os demais elementos xeográficos e é un recurso valioso para a planificación e o desenvolvemento.
Existen diferentes técnicas para representar o relevo nun mapa: as curvas de nivel, o sombreado… pero, porque non utilizar a impresión 3D para obter un modelo tridimensional? Deste xeito, créase un material manipulativo co que tamén persoas con baixa ou nula visibilidade podan interactuar.
Como se fai un mapa en 3D?
- IImos a seguinte web https://jthatch.com/Terrain2STL/
- Escollemos o lugar:
- Prememos en Center to View.
- Escollemos a altura da caixa e o seu ancho, así como o escalado.
- No apartado Vertical Scalling, dámoslle o escalado para a parte vertical, recomendo por o máximo.
- Dámoslle a generate modell.
- Prememos download e xa temos o ficheiro .stl para imprimilo.
Pódese atopar unha alternativa na web https://map2stl.com/